| |

-
Que é?: Na
actualidade, na Unión Europea, 78 millóns de persoas,
representando o 16% da poboación e 19% dos nenos están
en perigo de caer na pobreza. Os
datos do Eurobarómetro mostra que os europeos ven a pobreza
como un problema xeneralizado.
A Unión Europea xuntou forzas cos Estados membros para converter 2010 no Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.
As organizacións da sociedade civil e os interlocutores sociais
colaborarán cos países participantes e a Comisión
Europea para organizar unha serie de actividades ao longo de 2010.
Celebraranse actividades nacionais e locais en todos os Estados membros
da UE, Noruega e Islandia. Esta iniciativa contará cun orzamento
mínimo de 26 millóns de euros (17 millóns de
euros de financiamento comunitario).
-
Obxectivos: O Ano
Europeo 2010 pretende chegar á cidadanía da UE e a todas
as partes interesadas das esferas pública, social e económica.
Os seus catro obxectivos específicos son os seguintes:
- o recoñecemento do dereito das persoas que están
nunha situación de pobreza e exclusión social a
vivir con dignidade e a desempeñar unha función
na sociedade;
- o aumento da adhesión da opinión pública ás políticas de inclusión social, insistindo na responsabilidade de todos de afrontar a pobreza e a marxinación;
- unha sociedade máis cohesiva, na que ninguén cuestione os beneficios derivados da erradicación da pobreza para o conxunto da sociedade;
- o compromiso de todos os axentes, xa que para lograr progresos reais requírese o esforzo a longo prazo de todos os niveis de gobernanza.
|