| |
- Obxectivos:
O obxectivo do Programa Cultura consiste en impulsar un espazo cultural
compartido polos europeos e baseado nunha herdanza cultural común,
mediante o desenvolvemento de accións de cooperación entre
operadores culturais dos países participantes, co fin de favorecer
o xurdimento dunha cidadanía europea.
O programa ten tres obxectivos específicos:
promover a mobilidade transnacional das persoas que traballan
no sector cultural;
fomentar a circulación transnacional de obras e produtos
artísticos e culturais;
favorecer o diálogo intercultural.
- Solicitantes e accións admisibles:
O programa Cultura financia proxectos, organismos, actividades promocionais
e investigación en todos os sectores culturais, exceptuando o
sector audiovisual para o que existe un programa independente denominado
MEDIA. Poderán participar no Programa Cultura os operadores culturais,
incluídas as empresas culturais, cando estas industrias actúen
como industrias culturais sen ánimo de lucro.
Os candidatos admisibles:
deben ser organismos públicos ou privados con personalidade
xurídica, cuxa actividade principal se
desenvolva no ámbito cultural (sectores da cultura e a creación);
e
deben ter o seu domicilio legal nun dos países que participan
no programa.
As persoas físicas non poderán presentar solicitudes de
subvención no marco deste programa.
- Beneficiarios:
Os países que poden participar neste programa son:
Estados membros da UE;
Os países do EEE (Islandia, Liechtenstein, Norueguesa);
Os países candidatos á adhesión á
UE (Croacia, Turquía e a Antiga República Iugoslava de
Macedonia ) e Serbia.
Os países dos Balcáns occidentais (Albania, Bosnia e Herzegovina
e Montenegro) poderían ser admisibles no futuro, desde que asinen
un Memorando de Entendemento relativo á participación
de cada un destes países no programa.
- Orzamento:
O orzamento total do programa é de 400 millóns de euros
para o período 2007-2013.
As asignacións anuais, incluídas as asignacións
para accións que non forman parte da Guía do
Programa, poderán estar comprendidas entre aproximadamente 43
millóns de euros e aproximadamente 58 millóns de euros
dependendo do ano.
- Prazo de presentación de solicitudes:
consultar o prazo para cada acción na convocatoria.
- Centro de información:
Education, Audiovisual & Culture Executive
Agency - Culture Programme (2007–2013)
Avenue du Bourget 1 (BOUR 04/02) B – 1140
Brussels Belgium
Fax: +32-2-292.13.29
E-mail: EACEA-P5@ec.europa.eu
|
- Centros de información nacionais:
- Guía do candidato: versión
2009
- Documento
de publicación: DO
C 151/08 do 03.07.2008
|