Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas no marco do programa PROGRESS - Apoio ás actividades nacionais destinadas á identificación de boas prácticas na loita contra a discriminación e a promover a igualdade (VP/2010/008)

  • Descrición e obxectivos: O obxectivo desta convocatoria é apoiar ás autoridades nacionais dos países que participan no programa PROGRESS:
    • No desenvolvemento da súa política nacional para combater a discriminación e promover a igualdade máis alá da lexislación.
    • A fomentar a difusión de información sobre a UE e a lexislación e política nacional en materia de loita contra a discriminación.
    • A identificar as mellores prácticas que se poidan transferir a outros países participantes.
    • E a unha mellor aplicación da súa lexislación sobre a non discriminación.

    A presente convocatoria apoiará as actividades que traten, polo menos, un dos seguintes 5 motivos de discriminación: raza e orixe étnica, discapacidade, idade, relixión ou crenzas e orientación sexual.

  • Beneficiarios: Esta convocatoria só está dirixida aos puntos de contacto de loita contra a discriminación designados en virtude do programa PROGRESS nos 27 Estados membros da UE, os países AELC-EEE (Islandia, Lichtenstein, Noruega), os países candidatos e os candidatos potenciais (Croacia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia, Serbia e Turquía).

  • Orzamento: O orzamento total aproximado para a presente convocatoria de propostas é de 6.000.000 euros.

    O financiamento da UE poderá cubrir un máximo do 80% dos custos totais subvencionables.

  •  Prazo de presentación das solicitudes: A data límite para a presentación das solicitudes é o 19 de maio de 2010.

    Se a solicitude se entrega en man deberá ser presentada antes das 12 am do mencionado día (horario: de luns a xoves de 9:00 a 12:00 e de 14:00 a 17:00; venres de 9:00 a 12:00).
     
  • Lugar de presentación das solicitudes
  • As solicitudes deben ser enviadas a través dun formulario electrónico dispoñible no seguinte enderezo de internet:

    https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do

    Unha vez presentada a solicitude por vía electrónica, debe imprimirse un exemplar que ten que ser asinado polo representante legal e enviado á Comisión, canda os demais documentos enumerados na listaxe, aos seguintes enderezos:

      Por correo postal:

    European Commission
    DG Employment Social Affairs and Equal Opportunities
    CAD Service - Courrier J 27 00/115
    Unit G4
    Call for proposals VP/2010/008
    B-1049 BRUSSELS


    Por mensaxaría:

    European Commission
    Avenue du Bourget 1
    Central Courier Sector
    Unit EMPL/G/4
    (Office J-54 01/035)
    Call for Proposals VP/2010/008
    B-1140 EVERE

    Entrega en man:

    European Commission
    Avenue du Bourget 1
    Central Courier Sector
    Unit EMPL/G/4
    (Office J-54 01/035)
    Call for Proposals VP/2010/008
    B-1140 EVERE

     


+