Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas no marco do programa PROGRESS - Mellora da perspectiva de xénero nas políticas e nos programas nacionais (VP/2010/009)

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas ten por obxecto apoiar os actores nacionais para mellorar a perspectiva de xénero nas políticas e nos programas nacionais dos Estados membros da Unión Europea, os países da AELC-EEE, e os países candidatos e os candidatos potenciais, apoiando así os obxectivos definidos no Pacto Europeo para a Igualdade de Xénero.

    A presente convocatoria de propostas refírese ao financiamento das iniciativas nacionais destinadas a:
    • Aumentar a conciencia da importancia da perspectiva de xénero nas políticas nacionais como unha contribución efectiva á igualdade entre mulleres e homes e para unha mellor gobernación;
    • Mellorar o coñecemento dos conceptos clave e as cuestións de xénero e garantir unha mellor comprensión da perspectiva de xénero nas políticas e nos programas;
    • Desenvolver os métodos e as ferramentas necesarias, incluíndo a difusión ás principais partes interesadas, garantindo así un efecto a longo prazo.

  • Beneficiarios: Persoas que participen ou sexan responsables da elaboración, aplicación e avaliación de políticas e programas a nivel nacional (persoal dos Ministerios responsables das políticas e dos programas).

  • Orzamento: O orzamento total aproximado para a presente convocatoria de propostas é de 2.300.000 euros.

    O financiamento da UE poderá cubrir un máximo do 80% dos custos totais subvencionables.

  •  Prazo de presentación das solicitudes: A data límite para a presentación das solicitudes é o 31 de maio de 2010, á media noite.
     
  • Lugar de presentación das solicitudes
  • As solicitudes débense enviar a través dun formulario electrónico dispoñible no seguinte enderezo de internet:

    https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do

    Os anexos obrigatorios tamén se deben cubrir en liña neste sitio (e despois débense imprimir para a súa sinatura).

    Unha vez cuberto o formulario, debe imprimirse (con todas as seccións e anexos), o cal debe ser asinado polo representante legal, canda toda proba documental, e enviarse un orixinal e dúas copias ao seguinte enderezo:

      Por correo postal:

    European Commission
    Employment, Social Affairs and Equal Opportunities DG
    Call for proposals - VP/2010/009
    EMPL G1 - Equality between Men and Women
    B-1049 Brussels

    Entrega en man:

    European Commission
    Employment, Social Affairs and Equal Opportunities DG
    Call for proposals - VP/2010/009
    EMPL G1 - Equality between Men and Women
    Avenue du Bourget 1
    B-1140 Evere

     

  • Centro de información comunitario:

    Os solicitantes poderán propor as súas dúbidas escribindo ao seguinte punto de contacto:



+