Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas VP/2010/002 - Medidas informativas e formativas destinadas ás organizacións de traballadores.

  • Descrición: Esta partida orzamentaria destínase a cubrir subvencións para medidas informativas e formativas destinadas ás organizacións de traballadores de acordo co artigo 154 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (ex art. 138 TCE). Estas medidas deben estar vinculadas á aplicación da acción da Unión Europea no referente á dimensión social do mercado interior, incluídas as cuestións de xénero e de igualdade, así como a unión monetaria.

  • Obxectivos: Os obxectivos desta convocatoria son a aplicación de medidas relativas á modernización do mercado de traballo, a calidade do traballo, a anticipación, a preparación e xestión do cambio, a flexiguridade, a mobilidade e a migración, o emprego xuvenil, as contribucións á saúde e a seguridade, a conciliación da vida laboral e familiar, a igualdade de xénero, a acción no ámbito da loita contra a discriminación, o avellentamento activo, a inclusión activa e o traballo decente.
  • Orzamento: A asignación orzamentaria prevista para esta convocatoria é de 3.216.000€.
  • Prazo de presentación da solicitude: O prazo para a presentación de solicitudes será o 20 de abril de 2010 para as accións que comecen entre o 20 de xuño de 2010 e o 22 de decembro de 2010.


  • Lugar de presentación de las solicitudes



  Por correo postal:

    European Commission
    Call for proposals VP/2010/002
    Budget heading 04.03.03.02
    European Commission - DG EMPL/F.1
    J54 01/004
    B - 1049 Brussels
    Belgium


A solicitude deberá enviarse por correo certificado ou servizo de mensaxaría expres, conservando o xustificante da data de envío (a data do selo da oficina de correos ou do recibo da mensaxaría expres será considerada como proba da data do envío).

Entrega en man:

    Avenue du Bourget n° 1, B-1140 Evere, Belgium

 

  • Centro de información comunitario:

    Os solicitantes poderán expoñer as súas dúbidas escribindo aos seguintes puntos de contacto:


Para obter unha resposta máis rápida é recomendable enviar as consultas en inglés, francés ou alemán.

  • European Commission - DG EMPL/F1 DG Employment, Social Affairs and Equal Opportunities J54 01/004
    B - 1049 Brussels
    Belgium


 



+