Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas VP/2010/004 - Modernizando a coordinación dos réximes de Seguridade Social: Accións transnacionais no ámbito da cooperación e a información

 

  • Descrición e obxectivos: O obxectivo da presente convocatoria é apoiar as accións transnacionais:
    • Promovendo o intercambio de información administrativa da seguridade social entre os Estados membros, co fin de axudalos na aplicación dos Regulamentos (CE) nº 883/2004 e 987/2009;
    • Promovendo a cooperación transnacional entre as institucións encargadas da seguridade social, os intercambios transnacionais de experiencias, a difusión das mellores prácticas e as iniciativas de formación desenvolvidas a nivel nacional;
    • Proporcionando un mellor servizo e sensibilizando ao público, incluíndo medidas orientadas á identificación de problemas na seguridade social dos inmigrantes e simplificando os procedementos administrativos, a análise dos obstáculos á libre circulación e a falta de coordinación dos sistemas de seguridade social, incluída a adaptación dos procedementos administrativos a novas técnicas de procesamento de información tras a introdución do sistema electrónico de intercambio de datos;
    • E mellorando o coñecemento do público sobre os seus dereitos a a libre circulación e a coordinación dos réximes de seguridade social.

    Sobre a base dos obxectivos descritos, definíronse 2 subprogramas:
    • Apoio ao desenvolvemento da cooperación transnacional entre as institucións
    • Información ao público sobre o acceso á protección da seguridade social cando exerciten o dereito á libre circulación

  • Accións subvencionables:  Para ser elixibles, as accións deben:
    • Estar vinculadas polo menos a un obxectivo da convocatoria de propostas;
    • Levarse a cabo en cooperación entre os socios de polo menos dous Estados membros diferentes;
    • Ser completamente realizadas nos Estados membros da Unión Europea.

  • Orzamento:  O orzamento previsto para o cofinanciamento dos proxectos seleccionados conforme a esta convocatoria de propostas é de 1.000.000 euros, cun importe máximo de 400.000 euros para un proxecto individual.

    A porcentaxe de cofinanciamento limitarase a un máximo do 80% dos custos totais subvencionables da acción.

    Os solicitantes que reclamen unha subvención de máis do 80% serán excluídos automaticamente da selección.
     
  •  Prazo de presentación das solicitudes:
    A data límite para a presentación das solicitudes é o 17 de maio de 2010 para as accións que comecen entre o 17 de xullo de 2010 e o 20 de decembro de 2010.
     
  • Lugar de presentación das solicitudes


  •   Por correo postal:

    European Commission - DG EMPL/E.3
    Call for proposals VP/2010/004
    J27 02/241
    B-1049 Brussels
    Belgium


    A solicitude deberá enviarse por correo certificado ou servizo de mensaxaría expres, conservando o xustificante da data de envío (a data do selo da oficina de correos ou do recibo da mensaxaría expres será considerada como proba da data do envío).

    Entrega en man:

    European Commission
    Avenue du Bourget n° 1, B-1140 Evere, Belgium

     

  • Centro de información comunitario:

    Os solicitantes poderán expoñer as súas dúbidas escribindo ao seguinte punto de contacto:


    Para obter unha resposta máis rápida é recomendable enviar as consultas en inglés ou francés.



+