| |
-
Obxectivos
e descrición:
Este proxecto ten por
obxecto apoiar a aplicación da iniciativa en favor das pequenas empresas
«Small Business Act» e, en particular, o seu principio 1: «Establecer
un marco no que os empresarios/as e as empresas familiares poidan prosperar e
no que se recompense o espírito empresarial». Está destinado
a fomentar o espírito empresarial entre as mulleres creando unha Rede Europea
de Embaixadoras do Espírito Empresarial Feminino. É unha
continuación da convocatoria ENT/CIP/09/E/N08S00 que amplía a cobertura
da Rede Europea de Embaixadoras do Espírito Empresarial Feminino aos demais
países admisibles no Programa para a innovación e a competitividade
da Comisión Europea.
A Rede de Embaixadoras desexa contar
con empresarias brillantes que fagan campaña sobre o terreo para animar
as mulleres incluídas, as que desempeñan unha actividade profesional
e as estudantes, a crear a súa propia empresa e converterse en empresarias.
As embaixadoras deberán intentar dar confianza ás mulleres para
que planifiquen e creen boas empresas. Deberán servir tamén de modelo
e animar a outras mulleres a ser empresarias «contándolles a súa
propia historia». A convocatoria está destinada unicamente ás
organizacións que fomentan, promoven ou apoian activamente o espírito
empresarial, co fin de crear unha rede de destacadas empresarias en toda Europa
que traballe a nivel local e nacional, inspirando ás mulleres e animándoas
a converterse en empresarias, como opción de carreira atractiva, e a seguir
o seu exemplo.
A presente convocatoria ten a finalidade de mellorar a
cobertura xeográfica e, en consecuencia, está destinada aos países
que aínda non forman parte da rede (véxase o punto 6.1 sobre a admisibilidade
xeográfica).
Os participantes nesta convocatoria deberán
sinalar as embaixadoras, os grupos destinatarios (posibles empresarias) para cada
país participante, así como o tipo de actividades de promoción
que deberían realizar as devanditas embaixadoras, preparar e executar o
plan e informar periodicamente á Comisión. Para avaliar o funcionamento
da Rede, establecéronse indicadores a nivel nacional e europeo.
-
Actividades
subvencionables :
En cada proxecto establecerase unha única
rede nacional. A suma de todas elas constituirá unha rede europea.
Os solicitantes deberán presentar ás embaixadoras e aos grupos destinatarios:
as primeiras centraranse nos segundos para promover o espírito empresarial
feminino. Cada proxecto seleccionará a varias embaixadoras e concretará
un grupo destinatario.
-
Candidatos
admisibles : A presentación
de propostas está reservada ás entidades xurídicas. Os organismos
profesionais deberán estar debidamente constituídos e rexistrados
de acordo coa lexislación do país no que están establecidos.
Toda entidade pública ou privada cuxa actividade principal consista en
fomentar, promover ou apoiar o espírito empresarial pode participar nesta
convocatoria de propostas. Para poder presentar propostas, os candidatos
deberán estar establecidos nun dos seguintes países que non figuraban
na primeira convocatoria: - Os seguintes Estados membros da UE: Bélxica,
Bulgaria, Chequia, Estonia, Grecia, España, Chipre, Letonia, Lituania,
Luxemburgo, Hungría, Malta, Países Baixos, Austria, Portugal, Romanía,
Eslovenia, Finlandia e o Reino Unido.
- O seguinte país do EEE: Liechtenstein.
- Os
países adherentes, os países candidatos e outros países que
participan no Programa para a innovación e a competitividade: Albania,
Croacia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia, Israel, Montenegro,
Serbia e Turquía (as organizacións establecidas nestes países
poden presentar propostas a través de consorcio nas mesmas condicións
que as organizacións dos Estados membros da UE).
-
Orzamento:
O orzamento máximo asignado a
esta operación é de aproximadamente 545.000 euros.
O financiamento da UE estará limitado a un máximo do 50% do total
dos gastos subvencionables do proxecto. O financiamento medio da UE xirará
arredor de 50.000 euros por proxecto. -
Prazo de presentación de solicitudes : 12.03.2010
- Lugar de presentación de solicitudes:
|
European Commission Enterprise and Industry Directorate-General
Grant Programme 2009 Call for proposals No. ENT/CIP/09/E/N08S003 Directorate
E - Promotion of SMEs’ competitiveness Unit E.1 – Entrepreneurship,
BREY 6/284 Service central de réception du courrier Avenue de Bourget,
1 B-1140 Bruxelles, Belgique | |