| |
-
Descrición e obxectivos: Conforme o programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) para o período 2007-2013, a Dirección Xeral de Mobilidade e Transportes da Comisión Europea convoca propostas con vistas á concesión de subvencións para proxectos no campo dos servizos de información fluvial (SIF).
O obxectivo xeral desta convocatoria é fomentar o despregamento dunha infraestrutura e permitir a prestación de servizos de información fluvial que incorporen a aplicación harmonizada dos SIF en toda Europa.
-
Solicitantes: Un ou varios Estados membros, empresas conxuntas, organizacións públicas ou privadas ou organizacións internacionais (co consentimento dos Estados correspondentes).
-
Financiamento: O importe máximo total dispoñible para as propostas seleccionadas é, para 2010, de 10 millóns EUR.
-
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación das propostas remata o 31 de agosto de 2010.
-
Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes, que deberán cumprir cos requisitos que se detallan na correspondente guía do candidato, enviaranse á seguinte dirección:
European Commission
TEN-T Executive Agency
OR10 - 03/46
Calls 2010
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Bruxelles
Belgique
|
-
Centro de
información comunitario:
TEN-T Executive Agency
established by the European Commission
Square Frère Orban 10
B-1040 Brussels
Belgium
tent-agency@ec.europa.eu |
Calquera outra cuestión relacionada con esta convocatoria
poderá remitirse por correo electrónico ao RIS
Helpdesk
-
Documento
oficial de publicación:
DO C 129/15 do 19.5.2010
-
-
|