| |
-
Ambitos de actuación: A COST, asociación que reúne a investigadores e expertos de distintos países que traballan arredor de temas específicos, está aberta a propostas referentes a accións que contribúan ao desenvolvemento científico, tecnolóxico, económico, cultural ou social de Europa. Acolle con especial interese as propostas que teñan un papel precursor respecto doutros programas europeos e / ou sexan postas en marcha por investigadores noveis.
-
Accións previstas: Esta convocatoria presta apoio á posta en rede de actividades como reunións, conferencias, intercambios científicos de curta duración e actividades de promoción.
-
Condicións de accesibilidade:
Solicítase aos interesados que cando
presenten a proposta, inscriban o seu tema nunha dos nove seccións
temáticas de COST. Porén, as propostas interdisciplinarias
que non correspondan directamente a unha única sección
temática serán especialmente ben recibidas.
-
Financiamento: O apoio financeiro que se pode esperar é da orde dos 100 000 EUR anuais, en xeral por un período de catro anos.
-
Lugar de presentación de solicitudes:As propostas deben presentarse en liña a través do sitio web da Asociación COST.
-
Prazo de presentación
de solicitudes: A avaliación das
propostas realizarase en dúas fases. A data de presentación
das propostas preliminares é o 26 de marzo de 2010, 17.00 horas
de Bruxelas. A convocatoria para a presentación de propostas
completas farase como máis tarde o 14 de maio de 2010 e o seu
prazo de presentación finalizará o 30 de xullo de 2010.
- Para máis información
- Centros de información en España:
Dr María J. Mazón
Ministerio de Ciencia e Innovación
Rúa Albacete 5
28027 Madrid
cost.coordinacion@micinn.es
|
Dr Ángeles Rodríguez Peña
Directora Xeral para programas europeos
Ministerio de Ciencia e Innovación
Rúa Albacete, 5
28027 Madrid
Tel. +34 91 6037945
Fax +34 91 6037021
angeles.rodriguez@micinn.es
|
- Documento de publicación: DO C 21/38 do 28.1.2010
- Formulario
de solicitude
|